martes, 13 de marzo de 2018

Fotografías da parroquia

Fai unhas semanas fixemos unha visita á igrexa de Coia, onde nos ensinaron unha exposición de fotografías da nosa cidade, chamada O VIGO QUE [NON] SORRÍ. Nelas aparecían, na súa maioría, persoas que viven na rúa, da nosa propia cidade. Cada foto tiña un pé de foto onde a persoa que saía nela (ou a imaxe onde vivían) explicaba o problema que lle xurdira e que lle levara a vivir na rúa. Eran frases moi entristecedoras, chocantes e que impresionaban, nas que nos ensinaban que realmente o concello e a cidade en xeral non axuda a estas persoas desamparadas ou con problemas para subsistir.

A imaxe que máis me afectou foi a dunha muller que vivía nun espazo moi reducido, e que só podía ver aos seus fillos cada certo tempo xa que non podía ocuparse deles debido ao seu poder adquisitivo.

Finalmente, xuntámonos todos nunha sala onde algúns nos sentamos en cadeiras e outros no chan, onde o home encargado da exposición e que tamén axudaba a estas persoas explicounos os distintos problemas polos que estas persoas remataran así, moitas delas con bós traballos como pode ser policía, mecánico, electricista, etc.

Creo que foi unha experiencia moi enriquecedora para moitos de nós, onde nos ensinaron como aportar o noso gran de area cara a estas persoas, e tamén a agradecer todo o que temos, que moitas veces sóbranos.


Resultado de imaxes para vigo non sonrie

No hay comentarios:

Publicar un comentario