martes, 13 de marzo de 2018

USO DE TWITTER E RECOMENDACIÓNS DE PÁXINAS


 QUÉ E TWITTER E CÓMO SE UTILIZA?

Poderiamos decir que Twitter é a red social que está, actualmente, na cumbe da montaña. Empezou sendo unha red social normal como calquera outra, pero pouco a pouco foi sendo utilizada por moitas persoas. Nela, a xente expresa xeralmente o que pensa acerca de temas de actualidade, expón os seus sentimentos e emocións propios do momento, ou participa en foros ou axudas colectivas. Facer un uso correcto de twitter pode axudarte a aprender moitas cousas, porque as distintas persoas que o utilizan falan de todo tipo de temas, de forma organizada e fácil de entender. Unha das cousas máis utilizadas e que xa ten nome dentro de twitter é o chamado "fío" (hilo en castelán), no que unha persoa fala de algún tema en particular, poñendo tweet tras tweet (debido aos poucos caracteres que permite esta red).

RECOMENDACIÓNS DE PÁXINAS

@ElSerCreativo

Esta conta é a encargada de organizar #MentesBrillantes, encontros sobre ciencia, innovación, educación, tecnoloxía, creatividade… En definitiva, ideas para cambiar o mundo, que recopila en forma de tweets Nesta conta fala de cousas, como por exemplo cómo allgúns seres vivos son capaces de renacer das súas cenizas, como a Turritopsis nutricula, unha medusa inmortal.

@fe_de_erratas_
Esta conta recopila as erratas que ás veces cólanse nos titulares dos periódicos e sácannos algunha que outra sonrisa.



@FisgonHistorico
O Fisgón Histórico ensina curiosidades da historia, de maneira fácil de entender e graciosa. Unha descripción que ao leerla impúlsache a ler todos os seus tweets.



Fotografías da parroquia

Fai unhas semanas fixemos unha visita á igrexa de Coia, onde nos ensinaron unha exposición de fotografías da nosa cidade, chamada O VIGO QUE [NON] SORRÍ. Nelas aparecían, na súa maioría, persoas que viven na rúa, da nosa propia cidade. Cada foto tiña un pé de foto onde a persoa que saía nela (ou a imaxe onde vivían) explicaba o problema que lle xurdira e que lle levara a vivir na rúa. Eran frases moi entristecedoras, chocantes e que impresionaban, nas que nos ensinaban que realmente o concello e a cidade en xeral non axuda a estas persoas desamparadas ou con problemas para subsistir.

A imaxe que máis me afectou foi a dunha muller que vivía nun espazo moi reducido, e que só podía ver aos seus fillos cada certo tempo xa que non podía ocuparse deles debido ao seu poder adquisitivo.

Finalmente, xuntámonos todos nunha sala onde algúns nos sentamos en cadeiras e outros no chan, onde o home encargado da exposición e que tamén axudaba a estas persoas explicounos os distintos problemas polos que estas persoas remataran así, moitas delas con bós traballos como pode ser policía, mecánico, electricista, etc.

Creo que foi unha experiencia moi enriquecedora para moitos de nós, onde nos ensinaron como aportar o noso gran de area cara a estas persoas, e tamén a agradecer todo o que temos, que moitas veces sóbranos.


Resultado de imaxes para vigo non sonrie